Motivacións

O proxecto Batefogo, sen nome aínda, aparecía recorrentemente nas nosas conversas cando, ano tras ano, a desfeita anunciada dos lumes tomaba protagonismo coa chegada do verán. Unha e outra vez falabamos dos problemas do rural, do monte abandonado, dos incendiarios, da falta de instrumentos sociais para enfrontar o problema…

E un día decidimos facer algo.

Ben é certo que o comezo non foi casual. Varias das persoas da equipa de traballo participamos en foros e seminarios de traballo con persoas que tamén se dedican á educación ambiental e á participación social. E, consecuentemente, temos oportunidade de coñecer a través destes colegas, proxectos e iniciativas innovadoras e transformadoras. Tal foi o caso do Plan 42, programa integral para a prevención dos incendios forestais desenvolvido pola Junta de Castilla y León.

Había experiencias exitosas e empregaban ferramentas que coñeciamos e que practicabamos. Por que non probar a facer nós algo?

En maio de 2014, as persoas que facemos parte da equipa de traballo decidimos comezar coa construción do proxecto. E polo menos algunhas cousas tiñamos claras:

  • Tiña que ser un proxecto colaborativo, cunha filosofía de traballo onde a construción coletiva de coñemento, o respecto dos tempos e os coidados entre as persoas implicadas fora a norma.
  • Tiña que ser un proxecto que apostara pola educación e a participación ambiental como ferramentas de intervención social transformadoras e empoderadoras das comunidades locais.
  • Tiña que ser un proxecto en clave de sustentabilidade, tanto nos seus contidos como no seu propio desenvolvemento.
  • Tiña que ser un proxecto que reforzara a idea do ben común, impulsando unha xestión participada do territorio.
  • Tiña que ser un proxecto ilusionante, coa aspiración de cambiar as cousas para mellor!

Gustaríanos, por último, que este fora un proxecto-espazo onde persoas, entidades e empresas se sentiran tamén convidadas a participar. Sabemos que hai moita xente Galicia adiante que leva anos traballando e investigando sobre as causas e consecuencias dos lumes. Estaríamos encantadas de poder traballar conxuntamente.

Para saber máis visita Quen somos?

One response to “Motivacións

  1. Pingback: Proxecto Batefogo | Proxecto Batefogo·

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s