A equipa de traballo compoñémola diversas persoas e empresas que formamos parte da asociación Granxa de Servizos. Somos:
- Miguel Pardellas. Licenciado en CC. Ambientais pola Universidad de Salamanca e doctorando do Programa Interuniversitario de Educación Ambiental por la Universidade de Santiago de Compostela; a súa actividade investigadora e profesional está centrada na relación entre a Educación Ambiental e a Participación Social, asesorando e coordinando varios proxectos nesta liña.
- Encomún Proxectos, S.Coop.Galega. Cooperativa integrada por profesionais formados no ámbito xurídico e da empresa, especializadas na economía social, que ofrece servizos de asesoría e consultaría integral na área do emprendemento e a xestión empresarial. Promove especialmente o cooperativismo e a economía social desde una óptica participativa.
- Feitoría Verde, S.Coop.Galega. Cooperativa da economía social, formada por tres mulleres, que entende a Educación Ambiental como unha ferramenta imprescindible para a sensibilización, dinamización e participación social activa. A súa concepción da Educación Ambiental como ferramenta para a transmisión de valores; a aprendizaxe mutua; o intercambio de experiencia e experiencias; e a valorización dos recursos e prácticas endóxenas son os factores determinantes da súa motivación á hora de elaborar e deseñar proxectos.
Para saber máis visita Motivacións.
Pingback: Proxecto Batefogo | Proxecto Batefogo·