Os lumes en Galicia

O verán segue pasando factura nos nosos montes… Bastan uns poucos días con baixa humidade, vento do nordés e temperaturas altas para que o lume faga acto de presenza aquí e aló, perto de casas ou en zonas máis afastadas, en espazos protexidos ou en terreos unha e outra vez calcinados.

E o peor de todo é que falta moito verán por diante…

Entrementres, falarase dos incendiarios, da falta de medios, da intencionalidade, mesmo de tramas incendiarias, da política forestal, do despoboamento do rural, da eucaliptización, do abandono do monte… Os lumes na Galiza son un quebracabezas complexo, non hai dúbida.

De entre os tópicos, hai un que pola súa rotundidade sempre nos chamou a atención: os lumes apáganse no inverno! As necesarias labores de prevención, as rozas, limpar o monte!

Non nos entendan mal; por suposto que coincidimos coa necesidade de rozar determinadas zonas no inverno e na primavera. Tamén con que as persoas que traballan nas brigadas de extinción deberían contar cunhas condicións dignas de traballo, con suficientes medios e cunha coordinación eficiente. Por suposto, coincidimos coa urxencia dunha nova política forestal que aposte por unha xestión sustentábel do territorio. E, sen dúbida, apostamos por unha urxente reactivación do rural.

Todo isto (e mais) precisa de moitas cousas, de moito investimento e tempo. Mais sobre todo precisa dunha cousa: falar. Habilitar espazos colectivos, xerar procesos participativos, dinamizar as comunidades. Falar, negociar, aprender, ceder, decidir xuntas.

Os lumes non só se apagan no inverno; apáganse todo o ano, falando.

E, ao tempo que decidimos coas veciñas que zonas son as que precisan dun maior control, identificamos tamén algúns conflitos soterrados que tentaremos xestionar; e veremos como ir mudando a ordenación do territorio; e que tipo de paisaxe queremos; e que actividades poderemos poñer a andar para aproveitar os recursos polo ben común; e…

Non, non somos tan inxenuas como para pensar que por abrir aquí ou acolá algún espazo para falar xa está todo resolto. Estamos propoñendo abrir un proceso de cambio social e cultural e iso é algo que leva tempo. Pero en lugar de maldicir no verán e esquecer o resto do ano, desde xa podemos activar o músculo social, podemos abrir canles de diálogo, podemos intervir en determinados espazos. Podemos comezar a falar entre nós, escoitándonos, achegando propostas, decidindo xuntas.

Repetimos, os lumes apáganse todo o ano, falando.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s