A problemática dos lumes en Galicia constitúe un complexo crebacabezas onde conflúen aspectos sociais, económicos e ambientais: a desaparición de aproveitamentos agrogandeiros, o alto índice de combustibilidade de moitas masas forestais, o despoboamento e avellentamento do medio rural, a ordenación do territorio, etc.
Ante a perspectiva de que, como consecuencia do cambio climático, as vagas de lumes incrementen a súa frecuencia e impacto cómpre impulsar iniciativas que centren a súa atención nas actividades humanas ligadas a súa orixe.
A nosa proposta: Pór en marcha un proxecto de intervención social que compaxine eficazmente a prevención dos lumes coa dinamización económica e social do medio rural.
Obxectivos do proxecto BATEFOGO
- Reducir o número e o impacto dos lumes forestais.
- Fomentar os usos sustentábeis do monte e a dinamización económica do medio rural.
- Xerar unha nova cultura forestal.
- Pór en valor os elementos patrimoniais e culturais do territorio.
- Promover unha custodia participativa do territorio.
Para saber máis, visita: Proxecto e Metodoloxía.
Pingback: Proxecto Batefogo | Proxecto Batefogo·