As persoas que habitan un territorio son as que mellor coñecen as súas características, problemáticas e potencialidades. O Proxecto Batefogo pretende implicar á poboación local na identificación e articulación de medidas de prevención para reducir o número e o impacto dos lumes forestais que, ao mesmo tempo, sirvan para dinamizar económica e socialmente a comunidade.
E para conseguir implicar a poboación local propomos desenvolver unha metodoloxía de traballo baseada en combinar catro procesos de forma paralela:
- Elaborar un estudo do territorio, que nos permita coñecer en detalle as características xeográficas, históricas, socioeconómicas, ecolóxicas e culturais.
- Impulsar un proceso participativo co obxectivo de diagnosticar a problemática dos lumes e as súas características concretas no territorio, identificando actores clave, aspectos a ter en conta, espazos sensibles, potencialidades da contorna e oportunidades en clave produtiva e de xeración de emprego.
- Desenvolver unha campaña de educación ambiental con actividades para distintos públicos que dinamicen á comunidade, achegue información sobre aspectos relevantes na xestión do territorio e anime á participación activa.
- Articular unha campaña de comunicación que dea conta de cada un dos pasos que se están a dar para acadar a máxima repercusión social e participación cidadá posíbel.
Para saber máis visita: Proxecto e Obxectivos.
Pingback: Proxecto Batefogo | Proxecto Batefogo·