Os días 7 e 8 organizamos o Concello de Manzanedo e Proxecto Batefogo unhas xornadas para coñecer iniciativas que traballan por e para o rural. A asistencia é aberta e gratuíta.
A charla do día 7 de outubro terá por título “Oportunidades para a valorización dos pastos con gando” e será dada por Joan Albiés, representante da Plataforma pola Gandaría Extensiva e o Pastoralismo. Falará de experiencias en vacún e ovino/cabrún para a xestión dos pastos de montaña que hai en Manzaneda, enmarcando primeiro os condicionantes propios do concello e as oportunidades de futuro.
Tes comentarios, dúbidas ou preguntas que enviarlles ás persoas participantes? Non o dubides e coméntanolo aquí ou por correo a info@batefogo.com
Consulta aquí a acta do primeiro foro veciñal.